sábado, 26 de marzo de 2016

retoque fotografico

Este foi o noso ultimo traballo co gimp, falamos sobre o retoque fotográfico, consiste en editar imaxes de persoas para eliminar imperfeccións e facelas mais bonitas visualmente, para facer isto o primeiro que fixemos foi buscar unha imaxen dunha muller algo maior pero non demasiado.

Despois abrimola co gimp e falamos sobre que poderiamos mellorar nela,

Comenzamos coa pel, o gimp ten unha ferramenta que permite seleccionar unha zona da pel que este mais o menos en bo estado e ir copiandoa nas zonas que non o esten. Foi o que fixemos,

Cando acabamos de eliminar as arrugas comenzamos cos ollos, quixemos cambiar a sua cor, para isto seleccionamos os dous iris e eliminamos as pupilas da selección e despois cambiamos a sua cor en tono e saturación.

Unha vez terminamos cos ollos fixamonos nos dentes, recortamos un que estaba mais ou menos ben e a partir de ese fomos arreglando os demáis, despois seleccionamolos e aumentamos a sua saturación e baixamos o seu contraste para facelos mais blancos

o toque final foron os labios, foron moi sinxelos solo houbo que seleccionalos e despois aumentar a sua saturación para facelos mais roxos.

Por ultimo creamos unha imaxe donde apareceran as duas para crear unha comparativa do antes e despois

Ningún comentario:

Publicar un comentario